viernes, 31 de mayo de 2024

COR E TRAZO...

 Identificar,diferenciar e nomear as cores azul e verde.As cores son un dos primeiros conceptos que os nenos aprenden a identificar e clasificar, o que lles axuda a desenvolver habilidades cognitivas fundamentais.

As actividades de trazo son cruciais para o desenvolvemento das habilidades motoras finas. Estas habilidades son a base para a escritura e outras tarefas que requiren precisión manual. Os exercicios de trazo axudan a fortalecer os músculos da man e mellorar a coordinación ollo-man.Practicar diferentes tipos de trazos e formas é un paso inicial cara á escritura. Estas actividades preparan aos nenos para formar letras e números máis adiante, facilitando unha transición máis fluída cara á educación formal.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario