Luisa Villalta (A Coruña 1957 - 2004)
Este ano 2024 Luísa Villalta vai ser homenaxeada co Día das Letras Galegas, sendo só a sexta muller nas 61 edicións celebradas.
Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual que traballou en distintos campos: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.
Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario