viernes, 28 de marzo de 2025

COR VERDE (bis2)...

 A cor verde é unha cor máxica e especial;é unha cor secundaria porque se forma ao mesturar dúas cores primarias: azul e amarelo.

















miércoles, 26 de marzo de 2025

COR VERDE (bis)...

O desenvolvemento de hábitos alimentarios saudables desde a infancia é clave para o benestar e crecemento dos nenos. Os nenos explorán os alimentos verdes mediante experiencias sensoriais, xogos e actividades prácticas que lles permitirán coñecer a súa importancia na alimentación.

Os alimentos de cor verde son fundamentais na alimentación dos cativos, xa que achegan unha gran cantidade de nutrientes esenciais para o seu crecemento e desenvolvemento.Recoñecer e incorporar alimentos verdes na súa dieta dun xeito natural, favorecendo hábitos alimentarios saudables.
















 

lunes, 24 de marzo de 2025

COR VERDE...

 A cor verde é un elemento clave no desenvolvemento sensorial e cognitivo dos cativos. A súa asociación coa natureza, a tranquilidade e o crecemento convértea nun estímulo visual beneficioso para esta etapa temperá. Introducir a cor verde no entorno dos nenos favorece o seu benestar emocional, promovendo unha sensación de calma e seguridade. Ademais, o verde é unha cor primaria na percepción visual e axuda na diferenciación de cores dende os primeiros meses de vida.










 













miércoles, 19 de marzo de 2025

FARM ANIMALS...

 A aprendizaxe dunha segunda e terceira lingua na primeira infancia é un proceso natural e altamente efectivo debido á plasticidade cerebral dos nenos nesta etapa. Durante os primeiros tres anos de vida, o cerebro está na súa máxima capacidade de absorción de información, o que facilita a adquisición dun novo idioma de maneira intuitiva e sen esforzo.

Introducir o inglés desde a primeira infancia contribúe ao desenvolvemento integral do neno, fomentando habilidades cognitivas, lingüísticas e sociais. 


 

viernes, 14 de marzo de 2025

PINTAMOS...

 A arte é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento infantil;a actividade de pintar con tapóns de cortiza permite  explorar texturas, cores e formas. Ademais, fomenta o desenvolvemento da motricidade fina, a coordinación ollo-man e a creatividade.