miércoles, 12 de marzo de 2025

8M...

 O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é unha oportunidade para promover a igualdade de xénero desde idades temperás, é importante sentar as bases para un desenvolvemento libre de estereotipos e fomentar valores de respecto, igualdade e diversidade. 

As nenas e nenos comezan a formar a súa identidade e a relacionarse co entorno. É un momento crucial para introducir valores como a igualdade, o respecto e a non discriminación. Aínda que non entendan o significado profundo do 8M, aproveitamos esta data para iniciar un traballo educativo que promova a equidade de xénero e rompa cos estereotipos desde a primeira infancia. Isto contribuirá a formar persoas máis conscientes e respectuosas no futuro. É unha forma de sementar as sementes dunha sociedade máis xusta e igualitaria. As accións e actitudes que promovemos nesta etapa deixarán unha pegada importante no seu desenvolvemento.



























 



No hay comentarios:

Publicar un comentario