miércoles, 5 de marzo de 2025

ENTROIDO...

 O Entroido en Galicia, é unha festividade de gran arraigamento cultural que destaca pola súa cor, música e tradicións. Esta celebración favorece o desenvolvemento sensorial, social e emocional, ofrecendo a oportunidade de experimentar novas sensacións a través de disfraces, música e xogos. 

 Espantallos pola rúa:

Hoxe vivimos unha xornada moi especial saíndo á rúa disfrazados de espantallos. Percorremos as rúas centrais, enchendo o ambiente de cor e ledicia coa nosa vestimenta orixinal e os nosos sombreiros cheos de palla. A xente mirábanos con sorpresa e sorrisos, disfrutando da nosa pequena festa ambulante.

O mellor momento chegou cando entramos no supermercado, onde nos recibiron con entusiasmo e nos agasallaron con uns doces deliciosos.Un Entroido para recordar!






























No hay comentarios:

Publicar un comentario