martes, 19 de marzo de 2013
DOUS ANIVERSARIOS
Parabens para Bruno por eses tres anos, xa eres todo un veterano e tamén a Sara por esos dous anos cumpridos.
viernes, 8 de marzo de 2013
A TI: MULLER E NAI....
O
8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora
Este
día específico dedicado ás mulleres traballadoras débese a un
tráxico suceso que ocorreu nos Estados Unidos, no ano 1857. O día 8
de marzo dese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil
de Nova York, resolveron parar de traballar como protesta ás súas
precarias condicións de traballo. Esa era a primeira vez que as
mulleres se unían para reivindicar melloras laborais e, por tanto,
os seus dereitos.
Elas
pedían a redución do horario de traballo diario, que era de 16
horas, a 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas
percibían apenas un terzo do soldo que recibían os homes. Pero a
rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129
traballadoras, carbonizadas dentro da fábrica. Anos despois, en
1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada
en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para
homenaxear ás operarias mortas na fábrica téxtil. E así foi como
en 1975, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU)
decidiu decretar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller
Traballadora.
lunes, 4 de marzo de 2013
A QUE SABE A LÚA..?
martes, 26 de febrero de 2013
viernes, 22 de febrero de 2013
COUSIÑAS....
Cousa:
Todo aquilo, determinado ou indeterminado, que existe no mundo real ou no pensamento.
Pois iso, do pensamento ao real; as nosas cousas....
Pois iso, do pensamento ao real; as nosas cousas....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















