Sementando na primavera:
Unha das razóns principais polas que a primavera é unha época perfecta para traballar no xardín é a temperatura.
O sol comeza a quentar. Moitas plantas xa empezan a desenvolverse e noutras é necesario sementalas, para que no verán produzan.
miércoles, 16 de abril de 2014
martes, 8 de abril de 2014
viernes, 4 de abril de 2014
A DAMA DAS CAMELIAS...
"A dama das camelias" é unha novela asinada por Alejandro Dumas (fillo). Esta obra está inspirada nun feito real da vida de Alejandro relativo a un romance con Marie Duplessis nova cortesá de París que mantivo distintas relacións con grandes personaxes da vida social.A ópera "A Traviata", do compositor italiano Giuseppe Verdi, baseouse nesta novela.
Aínda que a nosa actividade non ten nada que ver coa novela,si que ten relación coa fermosa árbore e a sua flor.
Proveniente de Asia e introducida en Galicia sobre 1800.Existen mais de 200 especies distintas, sendo a súa flor xeralmente grande e inodora e a súa cor varía desde o branco ao vermello pasando por tonalidades rosas.
Non sei se é a flor máis representativa de Galicia, pero si sei, que é a máis abundante no patio da escola.

jueves, 3 de abril de 2014
UN ANIVERSARIO ESQUECIDO...
Parabéns para Eire polo seu segundo aniversario.Aínda que sexa tarde, non queremos esquecernos de ti.
martes, 1 de abril de 2014
ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO
Aniversarios do mes de marzo:
Carolina, Sara, Angel,Xoel,Angela,Xulia e Matias.Parabéns para todos, a soprar e pedir un desexo.
E de agasallo, cousas que un neno debe facer mentres que é neno:
GABEAR:Gabear con seguridade, pero sen medo e acompañados dun maior se é preciso. A unha árbore, a unha pedra enorme ou a unha montaña, atopar onde apoiar os pés e as mans. Para o fin, descubrir outro punto de vista e gozar do esforzo realizado.

martes, 25 de marzo de 2014
DIA DO PAI.
O Día do Pai, en España, celébrase todos os anos o 19 de marzo. En 1948, Manuela Vicente Ferrero, coñecida polo seu pseudónimo literario "Nely" e mestra na Dehesa da Vila decidiu celebrar na súa escola unha xornada festiva para agasallar aos pais das súas alumnas. A idea xurdiu a petición expresa dalgúns pais que estaban "celosos" da celebración do Día da Nai e transmitíronlle o seu desexo de ter un día no que fosen eles os homenaxeados.
Actualmente, a incorporación cada vez maior da muller ao mundo laboral,a situación económica e os momentos de crises polos que estamos a pasar; modificou a repartición das tarefas diarias e provocado que os homes teñan que modificar as súas relacións tanto cos fillos como no fogar. Aparece, por tanto,unha nova forma de ser e sentirse pai,os homes crean un vínculo cos seus fillos desde o nacemento e participan activamente na súa crianza concibindo o proceso de parentalidade en base a roles compartidos.
De todas formas: A pesar de deixar de ser o dia festivo e que no século XXI atopámonos con familias pluriparentais, multiparentais, co-parentais, biparentais, monoparentais, homoparentais, etc.Feliz dia do pai.

| de agasallo: camisas e gravatas.... |
| ...con todo o noso amor |
martes, 11 de marzo de 2014
FESTA DO ENTROIDO
Parece que foi onte, cando celebramos o noso primeiro entroido(disfrazados de elfos e un dragón xigante). Vinte anos despois, seguimos celebrando o entroido. Pero esta vez acompañados daquelas primeiras nenas e nenos, que agora se converteron nunhas mozas e mozos estupendos.
Paradoxos da vida, este ano fomos de "Aventura en cueiros": o eterno retorno
Terminamos no Samana, con música,merenda,chocolate e un anaco de torta conmemorativa (cáensenos as bágoas de emoción). Grazas a todos.
Para máis información e mellores fotografías en Catrogatos
http://www.catrogatos.com/2014/03/a-choiva-non-puido-coa-ilusion/

| vémonos,todos,dentro doutros vinte anos |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)