Como todos os anos, chegada estas datas, ímonos de excursión.
O autobús e o tren, como medios de transporte.No museo, de Pontevedra,entramos no interior do camarote da fragata Numancia.Comemos e descansamos, no Parque dos sentidos, un lugar para descubrir e gozar. E para rematar a xornada, un bo baño na praia non podía faltar.
martes, 3 de junio de 2014
lunes, 2 de junio de 2014
martes, 20 de mayo de 2014
"O MAIO"
A Escola
infantil ELFOS recupera a tradición do MAIO
O centro educativo únese tamén aos actos pola
Festa do Salmón e o Día dás Letras Galegas
15-Maio 2014. Os alumnos do Centro de Educación Infantil Elfos, na
Estrada, uniranse mañá venres 16 de maio ás celebracións previstas na
localidade con motivo da Festa do Salmón e
das Letras Galegas, entre outras.
E é que non só van honrar ao rei do Ulla ou á lingua de Rosalía, tamén
van recuperar a antiga tradición dos MAIOS, pola que se levantan construcións
vexetais, con flores, follas ou ramas. Os nenos de Elfos e as súas profesoras,
e algunhas nais traballan desde hoxe en levantar no patio un maio con flores
que recolleron nos campos próximos. Será mañá venres cando conclúan o traballo
e celebren a festa do Maio, á que se unirá a celebración do Día dás Letras
Galegas, cantando cancións tradicionais e lendo poemas en galego.Todo iso mentres as educadoras se visten de
cociñeiras e preparan unhas tostas de salmón, uníndose así ás celebracións ao
redor deste manxar gastronómico que este fin de semana celebra o seu día de
festa.
Aos nenos uniranse os alumnos do IES García Barros, quen concluirán o
mural co que están a pintar nunha parede do patio.
A festa comezará no patio do centro a partir das 11 da mañá.*
*Esta é a nota de prensa escrita e realizada por Reyes Cabero (mama de Sara).
Mais fotos en:
lunes, 5 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)