viernes, 21 de febrero de 2025

CADRADO...

O cadrado na educación infantil  é clave para o desenvolvemento cognitivo, sensorial e motor. Axuda aos nenos a recoñecer formas, clasificar obxectos e adquirir nocións matemáticas básicas. Tamén estimula a percepción táctil e visual, mellora a motricidade fina e grosa, e fomenta a creatividade en actividades artísticas. O seu uso a través do xogo e da exploración favorece unha aprendizaxe integral e significativa.





















miércoles, 19 de febrero de 2025

BONECOS DE NEVE...

 “Bonecos de Neve” está dirixida pola educadora Fátima co propósito de estimular o seu desenvolvemento sensorial, motor e cognitivo. 

O boneco de neve é atractivo para os máis pequenos porque representa unha figura sinxela e familiar da tempada invernal. Fomentar o desenvolvemento da motricidade fina (manipulación de materiais), a expresión emocional (recoñecemento das partes do corpo e xestos do boneco) e a interacción social mediante xogos en grupo.Asemade de introducir conceptos básicos como frío/calor, as cores branca e azul, texturas suaves e rugosas, e fomentar o desenvolvemento da linguaxe.









viernes, 14 de febrero de 2025

REUTILIZANDO MOEDAS....

 Coas bolsas de moedas, utilizadas en festivais e concertos, que trouxo Alejandro Diaz o noso asesor medioambiental do proxecto Voz Natura. Con este material, que doutro xeito podería ser desbotado, convertémolo nun recurso para o desenvolvemento sensorial, a coordinación motriz e a aprendizaxe temperá a través do xogo e a exploración, promovendo tamén a conciencia ecolóxica dende a infancia.

Obxectivos:

  1. Estimular o desenvolvemento sensorial a través da exploración de texturas e cores.

  2. Favorecer a coordinación motriz fina mediante a manipulación das moedas.

  3. Introducir nocións básicas de reconto e clasificación.

  4. Promover a reutilización de materiais como estratexia de conciencia ambiental.










miércoles, 12 de febrero de 2025

SON DE ELFOS...

 En decembro comezou na escola infantil Elfos da Estrada o proxecto Son de Elfos, unha iniciativa pioneira para achegar a música a nenos de 0 a 3 anos.Impartido por Daniel Martínez, músico zaragozano con experiencia en educación musical infantil. Daniel utiliza a percusión e o canto para estimular o desenvolvemento auditivo e cognitivo dos bebés, destacando a súa rápida receptividade. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2024/12/28/elfos-acerca-estrada-musica-edades-tempranas/0003_202412D28C5991.htm