miércoles, 22 de octubre de 2025

A FACE....

    O recoñecemento das partes da cara nos nenos e nenas de é fundamental para o desenvolvemento da súa identidade, da linguaxe e da percepción corporal. A través do coñecemento do seu propio rostro, comezan a construír a noción do “eu” e a relacionarse cos demais, expresando emocións e recoñecendo as doutros.

    Ademais, favorece a estimulación temperá das habilidades cognitivas, lingüísticas e socioafectivas mediante actividades lúdicas, sensoriais e de observación. Traballar as partes da cara permite fortalecer a coordinación visomotriz, a atención e a adquisición de vocabulario básico (ollo, nariz, boca, orellas, cabelo), elementos esenciais nas primeiras etapas do desenvolvemento infantil.

 














miércoles, 15 de octubre de 2025

MINIMUNDO OUTONAL...

     O minimundo outonal preséntase como unha proposta sensorial e de exploración para achegar aos cativos aos cambios que se producen na natureza durante o outono. A través da manipulación libre de materiais naturais e da observación das súas cores, texturas e formas, favorécese o desenvolvemento sensorial, a curiosidade e a experimentación.

    Ofrece unha experiencia sensorial rica e significativa. Permite descubrir os elementos da natureza, gozar de novas sensacións e fomentar a curiosidade e capacidade de exploración.










lunes, 13 de octubre de 2025

MESA DE LUZ OUTONO...

    Explorar a estación do outono dunha maneira sensorial e divertida, senón que tamén están desenvolvendo habilidades fundamentais para o seu crecemento físico, emocional e cognitivo.Actividades como a clasificación, a observación de patróns de luz e sombra, e a exploración de texturas fortalecen as habilidades cognitivas que máis tarde influirán na resolución de problemas e no pensamento abstracto. 









viernes, 10 de octubre de 2025

FOLLAS...

 As follas que caen das árbores ofrecen múltiples posibilidades sensoriais, estéticas e motoras. Traballar coas follas permite achegar o neno á natureza, desenvolver a observación, estimular os sentidos e favorecer a expresión plástica e motora.