O desenvolvemento da psicomotricidade fina é fundamental para adquirir habilidades motoras que favorecerán a súa autonomía e preparación para futuras aprendizaxes, como a escritura e a manipulación de obxectos cotiáns.Permite mellorar a coordinación ollo-man, a precisión e a destreza manual.
As actividades como inserir pezas en buratos, enroscar e desenroscar tapas ou elementos, encaixar figuras e manipular pequenos obxectos, contribúen a fortalecer os músculos das mans e dos dedos, mellorando o control e a coordinación dos movementos. Estas accións non só desenvolven a motricidade fina, senón que tamén estimulan a concentración, a resolución de problemas e a exploración sensorial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario