viernes, 14 de febrero de 2025

REUTILIZANDO MOEDAS....

 Coas bolsas de moedas, utilizadas en festivais e concertos, que trouxo Alejandro Diaz o noso asesor medioambiental do proxecto Voz Natura. Con este material, que doutro xeito podería ser desbotado, convertémolo nun recurso para o desenvolvemento sensorial, a coordinación motriz e a aprendizaxe temperá a través do xogo e a exploración, promovendo tamén a conciencia ecolóxica dende a infancia.

Obxectivos:

  1. Estimular o desenvolvemento sensorial a través da exploración de texturas e cores.

  2. Favorecer a coordinación motriz fina mediante a manipulación das moedas.

  3. Introducir nocións básicas de reconto e clasificación.

  4. Promover a reutilización de materiais como estratexia de conciencia ambiental.










No hay comentarios:

Publicar un comentario