miércoles, 28 de mayo de 2025

PINTURA COS PÉS...

 A actividade de pintura cos pés é unha proposta lúdica e sensorial , para que os cativos poidan explorar libremente diferentes texturas, temperaturas e cores, favorecendo a estimulación sensorial e a expresión creativa.

Ao utilizar os pés como ferramenta principal, promóvese a coordinación, o equilibrio e o recoñecemento do corpo, aspectos clave na construción da súa esquema corporal. Tamén fomenta a liberdade de movemento, a autonomía e a experimentación.

.









lunes, 26 de mayo de 2025

GARAVANZOS E LENTELLAS...

Utilizar elementos naturais e cotiáns como os garavanzos e as lentellas permite desenvolver experiencias significativas que estimulan o desenvolvemento integral do neno. Ademais do seu valor nutricional, estas leguminosas poden empregarse para fomentar habilidades cognitivas, motrices e socioemocionais a través de actividades como o trasvase, a sementeira, a clasificación e o xogo libre.


















viernes, 23 de mayo de 2025

TRASVASES...

 O uso de trasvases favorece o desenvolvemento das habilidades motrices finas, a coordinación ollo-man e a concentración. É unha actividade sensorial que estimula a autonomía e a exploración da contorna a través do xogo. Os trasvases permiten  experimentar con diferentes materiais (auga, arroz, lentellas, area, etc.), contribuíndo ao seu desenvolvemento cognitivo e á adquisición de conceptos como cantidade, volume, cheo/baleiro e causa-efecto.

 Asemade tamén exploramos a cor, o trazo e a composición. Ao verter ou esparexer estes materiais sobre o papel, creamos un xirasol que da lugar a unha verdadeira obra de arte.










miércoles, 21 de mayo de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

 O Día das Letras Galegas, instaurado pola Real Academia Galega en 1963, celébrase cada 17 de maio para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa contribución á literatura e á defensa da lingua galega. 

O Día das Letras Galegas permítenos:

  • Iniciar o contacto cos valores culturais e lingüísticos propios.

  • Fomentar a transmisión oral e a memoria colectiva dende a primeira infancia.

  • Normalizar e valorar o uso do galego como vehículo de comunicación, afecto e expresión creativa.

Trátase, en definitiva, de sementar dende as primeiras etapas unha actitude positiva e respectuosa cara á lingua galega, para que os nenos e nenas medren asumíndoa como parte natural da súa realidade.