A familia é o primeiro núcleo de socialización e desenvolvemento emocional na primeira infancia.
Celebrar o Día da Familia cunha carreira fomenta:
- Vínculo afectivo entre pais e fillos.
-Desenvolvemento psicomotor (coordinación, equilibrio, psicomotricidade gruesa).
-Valores como a cooperación e o traballo en equipo.
-Espazos lúdicos que integran as familias no proceso educativo.
Esta carreira de relevos non é unha competición, senón unha celebración do amor familiar a través do xogo. Ao involucrar aos adultos, refórzase a idea de que a aprendizaxe e a diversión comezan na casa.
PARABÉNS PARA TODAS/OS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario