O uso de trasvases favorece o desenvolvemento das habilidades motrices finas, a coordinación ollo-man e a concentración. É unha actividade sensorial que estimula a autonomía e a exploración da contorna a través do xogo. Os trasvases permiten experimentar con diferentes materiais (auga, arroz, lentellas, area, etc.), contribuíndo ao seu desenvolvemento cognitivo e á adquisición de conceptos como cantidade, volume, cheo/baleiro e causa-efecto.
Asemade tamén exploramos a cor, o trazo e a composición. Ao verter ou esparexer estes materiais sobre o papel, creamos un xirasol que da lugar a unha verdadeira obra de arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario