lunes, 12 de mayo de 2025

OS MAIOS...

 A festa dos Maios é unha celebración tradicional galega que se realiza arredor de principios de maio que marca a chegada da primavera, destacando pola súa riqueza cultural, musical e simbólica. Ten orixes moi antigas e simboliza o renacer da natureza tras o inverno. Os protagonistas son os "maios", figuras ou estructuras decoradas con elementos naturais como flores, herba, follas, laranxas, ovos ou cunchas, que adoitan ter forma de cono ou figura humana. Esta festa promove a convivencia, a creatividade e a transmisión da cultura popular galega ás novas xeracións.

Pretendemos achegar esta tradición ao alumnado,respectando os seus ritmos e intereses, ofrecendo experiencias sensoriais, artísticas e lúdicas que fomenten a participación, a identidade cultural e a expresión individual e grupal.

 

























No hay comentarios:

Publicar un comentario