Por iso, este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, mobilizámonos contra as graves consecuencias que o auxe das prácticas autoritarias e dos discursos de odio está a ter sobre os dereitos das mulleres. Esta situación afecta de maneira especialmente dura ás mulleres que sofren múltiples e interrelacionadas formas de discriminación, como a idade, a raza, a etnia, a discapacidade, a orientación sexual ou a identidade de xénero.
Mobilizámonos para esixir a igualdade de dereitos e tamén unha xustiza que garanta que estes dereitos se cumpran, se exerzan e se poidan gozar plenamente.






No hay comentarios:
Publicar un comentario