Actividade 0-1 ano
A actividade que
levaremos a cabo hoxe será para axudar a desenrolar a prensión, a motricidade e
o control postural.
Na bandexa da trona
ou nunha superficie na que podamos sentar preto o neno/a pegaremos obxectos
cotiás e se é posible algunha flor ou folla . O pegaremos con celo ou calquera
cinta adhesiva que teñamos.
Coa supervisión do
adulto pero sen intervir observaremos como os pequenos conseguen quitar os
obxectos e experimentan a súa textura, olor, etc.
Nesta actividade o
adulto observa e quita se é necesario os obxectos para que non os introduza na
boca no caso das flores ou follas (non deixar nunca as crianzas sin vixilancia). Se é posible estimulados o olfacto con estes
elementos e lles nomeamos o que é.
Os obxectos cotiás
poden ser unha culler, caixa de madeira, tubo de papel hixiénico, etc. Non pegar
xoguetes deles.
Actividade 1-2 anos
Damos a benvida a
primavera
Imos realizar cos
nenos/as unha actividade de experimentación e de carácter vivencial na cal vexan
xerminar unha semente na casa. Para isto necesitamos un recipiente de cristal
ou plástico pequeno como pode ser un bote de cristal, vaso de iogur, etc.
Nel introduciremos
un anaco de algodón e posteriormente unhas 3 ou 4 fabas, sementes ou lentellas
depende do que teñamos na casa. Unha cousa en cada bote. Por enriba das
sementes engadimos un pouco mais algodón
e con un spray con auga o mollamos.
Cada día iremos con
eles a ver o que sucede e describiremos os cambios que se producen.
Falaremos da
primavera, se é posible e vivimos nunha casa sairemos a observar os cambios nas
plantas, arbores, etc. Se isto non é posible (por mor da corentena) o veremos dende a xanela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario