Aproveitar o tempo que estades con eles para xogar,escoitar música e ler moitos contos.
Actividade 0-1 anos
- Nunha cartolina ou cartón pór unha cantidade pequena de pintura de dedos de varias cores separadas. Despois forrar toda a superficie con filme tanto por encima como por baixo e deixar que os nenos fagan a súa propia obra de arte.
Actividade 1-2 anos
- Imos recibir a primavera con flores. Con pintura de dedos variadas pintaremos as caixas dos ovos, posteriormente deixarémolas secar. Unha vez secas recortásense e fáiselles un buraco para introducir un fío e formar con elas unha grilanda floral.
- Fronte ao espello nomear partes do corpo para que as nenas/os as sinalen no espello e as toque no seu propio corpo.
Estas actividades cando remate a corentena, poderemos expoñelas na aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario