Estas son algunhas
recomendacións para lograr un boa convivencia familiar durante estos días que
temos que estar na casa:
- Para lograr un ambiente de tranquilidade, no
que os máis pequenos poidan asimilar da mellor maneira estes cambios que se
están a producir e preciso manter horarios e rutinas habituais de descanso,
comida, aseo e tempos de xogo.
- Coas presas do día a día acabamos facendo
cousas por eles, que sen lugar a dúbida, poderían realizar eles sos. Pór iso, é
un bo momento para traballar a autonomía á hora de vestirse, de asearse ou de
realizar algunha que outra tarefa do fogar, fortalecendo así a seguridade en si
mesmos e estimulando a capacidade de colaboración.
- Debemos
reflexionar tamén sobre a necesidade de manter ós nenos e nenas ocupados todo o
tempo. Nos como educadoras vamos a mostrarvos unha serie de actividades que
podedes levar a cabo cos vosos fillos/as na casa durante estes días; pero tamén
é preciso que os nenos e nenas teñan eses tempos de "aburrimento" nos
que poidan desenvolver a súa imaxinación e creatividades.
Actividades:
Aula 2-3 anos:
- Realizamos unha
colaxe.
Con xornais ou
revistas que teñamos pola casa recortamos e pegamos imaxes sobre unha folla
para crear a nosa obra de arte. Pode ser dunha paisaxe, un personaxe... Tamén
podemos empregar materiais de refugallo
( cartón, pallas, botóns...)
- Xogamos con sombras.
Recortamos siluetas
de cartolina con distintas formas e pegámoslle un pau. Apagamos a luz e cunha
lanterna xogamos a reflectir as sombras.
Moitas grazas, axuda moito. Seguide así.
ResponderEliminarMoitas grazas a vós.
ResponderEliminarGracias por los videos!! Lucia solo pide a silvana 😄😄
ResponderEliminarOhh! Que bonito é escoitar isto!! E que ganas temos todas de volver e poder abrazarnos! Xa queda menos!! Moitos bicos!!
EliminarDe nada,seguiremos poñendo cousas.
ResponderEliminar