Dado que o comezo da
primavera nos pillou en corentena, hoxe propóñovos realizar unhas manualidades
sinxelas con material de refugallo que teñamos pola casa. Vamos empregar rolos de papel hixiénico para
facer flores e bolboretas.
Para facer as
bolboretas pintamos o rolo de papel con pintura se dedos, cera ou rotuladores.
Despois nun folio ou cartolina vamos recortar a forma das ás que logo
pintaremos e decoraremos como máis nos guste. Por ultimo pegamos o rolo na
cartolina e colocámoslle unhas antenas. Xa teríamos a nosa bolboreta!!
Para facer as flores
pintamos outro tubo de cartón que despois recortaremos en anacos máis pequenos
que serán os pétalos. Pegamos todos os pétalos e poñemos unha bola pequena de
papel no centro. Para rematar poñémoslle unha palla e xa estaría.
Gracias profes,unhas ideas xeniais.Poñeremos en práctica algunha delas.Saúdos a todas de Mateo e papis.
ResponderEliminarMoitas grazas.
ResponderEliminar