lunes, 30 de junio de 2025

FESTA FIN DE CURSO...

 Celebramos a festa de fin de curso! Foi un ano cheo de aprendizaxes, xogos e moitos momentos compartidos. Grazas a todas as familias pola vosa implicación e, sobre todo, aos nenos e nenas por formar parte deste camiño.

Agora toca celebrar está festa de fin de curso e dar a benvida ao verán. Aproveitamos tamén para despedir con agarimo aos nenos e nenas que rematan está etapa e emprenden unha nova aventura. Moita sorte neste novo viaxe!

Boas festas e vémonos á volta!


























 

miércoles, 25 de junio de 2025

ACTIVIDADES E DESPEDIDA DE EVA...

Despedímonos con agarimo de Eva, que durante as súas prácticas formativas na escola demostrou unha gran implicación, responsabilidade e ganas de aprender.

Foi un pracer acompañarte neste tramo do teu camiño profesional, e agradecemos profundamente o teu compromiso, a túa actitude positiva e o bo ambiente que soubeches crear entre nós.

Desexámosche moito éxito en todo o que veña, tanto a nivel persoal como profesional. Estamos convencidas de que o futuro traerá moitas boas oportunidades para ti, e que saberás aproveitalas con intelixencia e ilusión.

Moitas grazas por compartir este tempo connosco. Ata sempre Eva.