jueves, 24 de noviembre de 2016

martes, 15 de noviembre de 2016

FOLLAS,CASTAÑAS E COGOMELOS...

Follas,castañas e cogomelos para xogar e traballar a psicomotricidade,a estimulación lingüística e a creatividade.































viernes, 11 de noviembre de 2016

OBRADOIRO DE BARRAS ENERXÉTICAS NATURAIS.

 Obradoiro de barras enerxéticas a base de sementes,realizado por Monse da Tenda Bio -Casa Xorxeira.
 Unha alternativa para petiscar ou merendar rica e saudable para todos.

Receita das barras enerxéticas:
 Ingredientes:
-2 cuncas de galletas de arroz (machucadas).
-1 culler sopeira de coco raiado.
-1 culler sopeira de pasas sin lavar.
-4 culleres de xarope de arroz.
-4 culleres de sementes de xirasol.
-4 culleres de sementes de sésamo e/ou cabaza.

Lavar as sementes e tostalas lixeiramente(cada tipo por separado) nunha tixola sen aceite.
-Colocar o xarope de arroz nunha cazola e quentalo(sen engadir auga) removendo constantemente cunha espátula de madeira.
-Engadir os demais ingredientes,a lume medio-baixo e mesturalos moi ben ata obter unha masa compacta e amalgamada polo xarope.
-Verter nun molde previamente pintado con aceite e aplanar ben coa espátula ou coas mans húmidas(non mais de 2 cm. de espesor).
-Deixar arrefriar.
-Cortalo a medida desexada cando estea ben frío.