Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de diciembre de 2025

SAÚDE MENTAL E AS RABECHAS...

     Nesta charla impartida, pola psicóloga ROCIO LOUZAO,abordouse a importancia da saúde mental tras o nacemento dun fillo ou filla, poñendo o foco tanto nas nais como nos pais. Destacouse que os problemas emocionais no posparto son frecuentes pero seguen a estar invisibilizados e infradiagnosticados. Explicouse a diferenza entre o baby blues e a depresión posparto, así como outras dificultades psicolóxicas que poden aparecer nesta etapa, facendo fincapé nos factores de risco e na relevancia do apoio social, da comunicación e do autocuidado para favorecer unha maternidade e paternidade máis saudables e desfrutadas.

    Na segunda parte da sesión tratouse a xestión das rabechas na infancia, entendéndoas como unha etapa normal do desenvolvemento emocional. Analizáronse as principais causas das rabechas e a necesidade de previlas cando sexa posible mediante rutinas, anticipación e conexión emocional. Subliñouse a importancia de acompañar ás crianzas dende a calma, validando as súas emocións, mantendo límites firmes sen recorrer á violencia e empregando estratexias como o xogo e a oferta de opcións. Concluíuse que unha xestión respectuosa das rabechas contribúe ao desenvolvemento emocional, á autoestima e ás habilidades sociais dos nenos e nenas.







lunes, 8 de abril de 2024

"BENESTAR EMOCIONAL NA MATERNIDADE"

 Un obradoiro impartido por Rocío Louzao Ruza. Licenciada en psicoloxía e máster en práctica clínica na saúde mental.

 A importancia da saúde mental materna,os factores de risco e ideas para unha maternidade gozada foron algúns dos temas tratados.









viernes, 31 de marzo de 2023

ALIMENTACIÓN SAUDABLE....

 Unha charla sobre alimentación saudable na infancia. Impartida pola pediatra Eva García ,do centro de saúde de A Estrada.

 Alimentarse ademais dunha necesidade, é un pracer que precisa adaptarse aos nosos gustos e características, como o nivel e tipo de actividade que desenvolvemos, a nosa idade, peso e talla, os nosos horarios impostos polo ritmo de vida que levamos, etc.
 
1- Come variado e adapta os alimentos aos teus gustos e á actividade que realices. 
2-Ten sempre en conta o tamaño das racións, xa que é outra das claves da alimentación. 
3-Reduce o consumo de alimentos ricos en graxas saturadas, sal e azucres engadidos. 
4- Realiza unha repartición adecuada dos alimentos ao longo do día, evitando, por exemplo, xaxúns prolongados ou ceas moi abundantes.
5- A mellor bebida para quitar a sede, é a auga.
 
As decisións que tomamos á hora de alimentarnos baséanse nos nosos coñecementos, as nosas emocións e as nosas habilidades e todo iso, está moi influído pola contorna na que vivimos. Existen unha enorme variedade de patróns de alimentación ao longo do mundo.
 





 
 

 

viernes, 24 de abril de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 17...


 Actividade 2-3 anos:

 Na actividade de hoxe propóñovos crear un circuíto de obstáculos con diferentes niveis de dificultade que nos permitan traballar a psicomotricidade grosa, á vez que liberamos enerxía. A través deste tipo de actividades, os nenos e nenas tamén están favorecendo o control postural, a coordinación e o equilibrio.
Para a realización do circuíto vamos empregar cintas ou cordas, bricks de leite, xornais ou revistas, un caldeiro ou cesta... así como o propio mobiliario da casa.
Un exemplo de circuíto podería ser:
- Subir por un lado da cama e baixar polo outro.
- Recorremos un camiño (feito coa cinta) cos pés un diante do outro, mantendo o equilibrio.
- Cunha cinta ou corda faremos uns círculos no chan nos que saltaremos cos pés xuntos dentro e fóra.
- Colocamos unha fila de briks que teremos que atravesar facendo zig- zag.
- Poñemos unhas cadeira a modo de túnel para pasar por debaixo a gatas.
- Por último facemos unhas bolas con papel de xornal e lanzámolas intentando encestar no cesto ou caldeiro.
Como vedes con esta actividade tamén estamos traballando conceptos espaciais como arriba e abaixo, dentro e fóra...
Anímovos a que fagades o voso circuíto.
 

 

Dirixido a familias de nenas e nenos de 0 a 6 anos:

Unha conferencia de Vicenç Arnaiz Sanch  “¿Qué ocurre en el cerebro de las niñas y los niños durante el confinamiento?”

 https://www.youtube.com/watch?v=274oRf33Y_U&feature=youtu.be

 

 E construímos unha mesa de luz "low cost".



martes, 30 de octubre de 2018

OBRADOIRO DE TÉCNICAS NATURAIS PARA AS CRIANZAS...

Obradoiro impartido por Tania Verdura e Natalia Agra,sobre trastornos dixestivos e técnicas que axuden a expulsar as secrecións, facilitar a expectoración e mellorar a respiración.









jueves, 27 de abril de 2017

XORNADAS DE EDUCACIÓN...

Os días 28 e 29 de abril celébranse no Mome na Estrada as II xornadas de educación: educaSTRADA.