jueves, 26 de noviembre de 2020

25 N-DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

    Un ceo cheo de estrelas para non esquezer que a violencia de xénero asesinou a 1072 mulleres en 13 anos e a 37 nenas e nenos en sete  anos.

    A violencia,tal como define  a OMS, non só é o uso da forza física, senón que sobre ela está a utilización do poder. Poder como capacidade de impor, determinar, controlar ou de ameazar a través do posible recurso á agresión, é o que condiciona a vida das mulleres nas relacións de parella e na sociedade. Todo iso grazas á construción dunha cultura machista que dá por válidas e xerais as referencias impostas polos homes para o seu beneficio particular.

 











 

lunes, 23 de noviembre de 2020

DÍA DA INFANCIA.

 O 20 de novembro celébrase o Día Universal do Neno/,para conmemorar este día realizamos un  mural e lembramos do Convenio sobre os dereitos do neno o 

Artigo 3:
    -1. En todas as medidas concernentes aos nenos que tomen as institucións públicas ou privadas de benestar social, os tribunais, as autoridades administrativas ou os órganos lexislativos, unha consideración primordial a que se atenderá será o interese superior do neno.

Este convenio consta de 54 artigos e é o Tratado mais ratificado da historia  sendo a súa aplicación de obrigación dos gobernos.

 














miércoles, 18 de noviembre de 2020