jueves, 26 de abril de 2018

A BIBLIOTECA....

Visitamos a biblioteca municipal,escoitamos uns contos a cargo de Soledad Cabezuelo (escritora e mestra) e a bibliotecaria (Mercedes) ademais de ensinarnos as instalacións, agasallou a cada neno con un conto.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/04/25/alumnos-escuela-infantil-elfos-visitan/1879293.html












lunes, 23 de abril de 2018

O BOSQUE DE VIONDIÑO...


Sacho en man,avoas,nais,mestras e nenas e nenos póñense a plantar.As bólas de  Nendo Dango,dispostas a ser lanzadas e despois do esforzo, un alto para merendar.















viernes, 20 de abril de 2018

NENDO DANGO....

Acompañadas das súas mestras,as alumnas e alumnos de infantil do CEIP Pérez Viondi veñen a escola.
Cóbado con cóbado os cativos mánchanse as mans para facer as bolas de arxila, que conteñen as sementes, que pronto serán empregadas para repoboar o "bosque de Viondiño".

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2018/04/20/estrada-logra-reverdecer-bosque-quemado-lanzando-bolas-semillas/0003_201804D20C59915.htm











jueves, 12 de abril de 2018

TARDIS....

A TARDIS (Time And Relative Dimensions In Space; Tempo e Dimensións Relativas no Espazo) é unha nave espazo-temporal de ficción do Doctor WHO.
 A nosa TARDIS permítenos desenvolver a percepción.A capacidade de recibir estímulos do exterior mediante os sentidos:descubrir formas e cores,ruídos e sons,cheiros e sabores. Unha viaxe á imaxinación e ao descubrimento de novas sensacións.