miércoles, 29 de abril de 2020

martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 18...

Unhas actividades para comezar a semana.. 

                                                                                                                          



                                                                                                

domingo, 26 de abril de 2020

GALERÍA DE CORENTENA 3...

As vosas actividades para compartir...

Dende a xanela de Leo:
Facendo unha variante da pintura caseira, con fariña e sal.




 Dende a de Mateo:
Coa caixa dos sentidos..
e plastilina caseira..

Dende a de Pablo:
A cortina de xornais..








Dende a de Xoel:
E a sua caixa da permanencia...

Animádevos a compartir as vosas experiencias...Esperámosvos.



viernes, 24 de abril de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 17...


 Actividade 2-3 anos:

 Na actividade de hoxe propóñovos crear un circuíto de obstáculos con diferentes niveis de dificultade que nos permitan traballar a psicomotricidade grosa, á vez que liberamos enerxía. A través deste tipo de actividades, os nenos e nenas tamén están favorecendo o control postural, a coordinación e o equilibrio.
Para a realización do circuíto vamos empregar cintas ou cordas, bricks de leite, xornais ou revistas, un caldeiro ou cesta... así como o propio mobiliario da casa.
Un exemplo de circuíto podería ser:
- Subir por un lado da cama e baixar polo outro.
- Recorremos un camiño (feito coa cinta) cos pés un diante do outro, mantendo o equilibrio.
- Cunha cinta ou corda faremos uns círculos no chan nos que saltaremos cos pés xuntos dentro e fóra.
- Colocamos unha fila de briks que teremos que atravesar facendo zig- zag.
- Poñemos unhas cadeira a modo de túnel para pasar por debaixo a gatas.
- Por último facemos unhas bolas con papel de xornal e lanzámolas intentando encestar no cesto ou caldeiro.
Como vedes con esta actividade tamén estamos traballando conceptos espaciais como arriba e abaixo, dentro e fóra...
Anímovos a que fagades o voso circuíto.
 

 

Dirixido a familias de nenas e nenos de 0 a 6 anos:

Unha conferencia de Vicenç Arnaiz Sanch  “¿Qué ocurre en el cerebro de las niñas y los niños durante el confinamiento?”

 https://www.youtube.com/watch?v=274oRf33Y_U&feature=youtu.be

 

 E construímos unha mesa de luz "low cost".



jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO...

Para conmemorar o día do libro:
Unha poesía de Rosalía e o conto "A que sabe a lúa". Ademais dun vídeo,realizado por Sole, recitando unhas poesías da súa autoría.





martes, 21 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE CORENTENA 15....

Vamos a potenciar a permanencia do obxecto,esta é a comprensión de que os obxectos seguen existindo aínda que non poidan ser vistos, oídos ou tocados.


E elaboramos unha árbore de primavera.


domingo, 19 de abril de 2020

GALERÍA DE CORENTENA 2...(actualizado)

A vosa plataforma para ver,mostrar e compartir as vosas actividades.

Dende a xanela de Lucía e Sofia:









Dende a xanela  de Antón:






Dende a xanela de Artai e Sira:










E dende a xanela de Pablo:














 Esperámosvos...

Dende a xanela de Elisa:


























viernes, 17 de abril de 2020

jueves, 16 de abril de 2020

ACTIDADES CORENTENA 13...

Actividades 2-3 anos:
 Hoxe propóñovos un xogo para traballar os sentidos. Nunha bolsa de tea ou caixa vamos introducir varios obxectos de diferentes texturas, olores, tamaños...que os nenos e nenas poderán manipular previamente. Despois taparemos os ollos cun pano e iremos  metendo a man para sacar os diferentes obxectos que teremos que adiviñar a través do tacto, do olfacto, do oído...
Algunha das cousas que podemos meter na caixa son: unha pelota, un peluche, un cascabel, un limón ou laranxa...
Espero que sexa divertido! 

Un conto en Lingua de signos:


martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 12..

Unha sesión de ioga para manter activo o corpo e a mente acompañado das aventuras do "coelliño branco"..




domingo, 12 de abril de 2020

GALERÍA DE CORENTENA1...

 As xanelas abertas, para mostrar as vosas actividades,impresións,etc....

Dende o balcón de Lucía.






O balcón de Antón..



O balcón de Mateo..


O balcón de Elisa....










E o balcón de Icía...



Esperámosvos a todos...