miércoles, 23 de diciembre de 2020

miércoles, 16 de diciembre de 2020

lunes, 14 de diciembre de 2020

BISCOITOS DE XENXIBRE...

 Un clásico da cociña inglesa polo Nadal: os biscoitos de xenxibre,da man da profesora de inglés Rebeca.
Dise que foi a corte da raíña Isabel I de Inglaterra a creadora de estos biscoitos con formas de persoas. Estos ofrecíanse aos invitados como unha forma de agasallalos.

Receita:

    450 g de fariña.
    200 g de manteiga.
    100 g de azucre moreno.
    1 ovo.
    80 g de mel.
    2 culleres pequenas de canela.
    1 culler pequena de xenxibre en po.

 Bater a manteiga co azucre,engadir o ovo, a mel a fariña o xenxibre e a canela.Deixar repousar a masa na neveira.Despois de 15 minutos estirar a masa co rodete e  recortar cos moldes a forma desexada.Colocar as figuras nunha bandexa no forno a 180º durante 15 minutos e decorar.