viernes, 30 de octubre de 2020

COUSAS DO OUTONO...

Pintamos e decoramos en papel: mazarocas de millo e castañas.
















 

AXUDAS INVESTIMENTO.

 


 


 

 A Xunta de Galicia destinou 400.000€  para a mellora de 19 escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS), que conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

O obxecto destas achegas é reforzar a calidade da atención educativa que prestan estes centros. A contía máxima que pode chegar a recibir cada centro ascende a 25.000 euros: 15.000 para obras que melloren a accesibilidade da escola ou a doten dos servizos necesarios e 10.000 euros para a renovación do mobiliario e o material didáctico e de xogo.

A Escola recibeu unha axuda de10.886,91€ para un gasto total subvencionable de 11.220,05€. Desagregado da seguinte forma:

-Infraestruturas:

  • Polo importe total de 4.122,05€,sendo subvencionable 3.788,91€ e a entidade achega 333,14€.

-Equipamento:

  • Por un importe de 2.178€.

-Tecnoloxías:

  • Por un importe de 4.920€.

miércoles, 28 de octubre de 2020