Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de diciembre de 2025

SAÚDE MENTAL E AS RABECHAS...

     Nesta charla impartida, pola psicóloga ROCIO LOUZAO,abordouse a importancia da saúde mental tras o nacemento dun fillo ou filla, poñendo o foco tanto nas nais como nos pais. Destacouse que os problemas emocionais no posparto son frecuentes pero seguen a estar invisibilizados e infradiagnosticados. Explicouse a diferenza entre o baby blues e a depresión posparto, así como outras dificultades psicolóxicas que poden aparecer nesta etapa, facendo fincapé nos factores de risco e na relevancia do apoio social, da comunicación e do autocuidado para favorecer unha maternidade e paternidade máis saudables e desfrutadas.

    Na segunda parte da sesión tratouse a xestión das rabechas na infancia, entendéndoas como unha etapa normal do desenvolvemento emocional. Analizáronse as principais causas das rabechas e a necesidade de previlas cando sexa posible mediante rutinas, anticipación e conexión emocional. Subliñouse a importancia de acompañar ás crianzas dende a calma, validando as súas emocións, mantendo límites firmes sen recorrer á violencia e empregando estratexias como o xogo e a oferta de opcións. Concluíuse que unha xestión respectuosa das rabechas contribúe ao desenvolvemento emocional, á autoestima e ás habilidades sociais dos nenos e nenas.







lunes, 8 de abril de 2024

"BENESTAR EMOCIONAL NA MATERNIDADE"

 Un obradoiro impartido por Rocío Louzao Ruza. Licenciada en psicoloxía e máster en práctica clínica na saúde mental.

 A importancia da saúde mental materna,os factores de risco e ideas para unha maternidade gozada foron algúns dos temas tratados.









jueves, 28 de febrero de 2019

miércoles, 13 de febrero de 2019

COACHING.

Mercedes Reytor Fornarys é coach estratéxica.
 Mostrounos un conxunto de técnicas e ferramentas coas que podemos sacar todo o potencial que levamos dentro, para encamiñalo hacia as metas e obxetivos que queremos lograr.
Leer as crianzas,poñerlle música,falarlle en positivo,decirlle ti si podes (animalo) e querelo moito..Son algunhas das indicacións que presentou.







 

martes, 30 de octubre de 2018

OBRADOIRO DE TÉCNICAS NATURAIS PARA AS CRIANZAS...

Obradoiro impartido por Tania Verdura e Natalia Agra,sobre trastornos dixestivos e técnicas que axuden a expulsar as secrecións, facilitar a expectoración e mellorar a respiración.









miércoles, 31 de enero de 2018

OBRADOIRO DE DISFRACES...

Darlle vida a maquina de coser,cooperar,unir lazos,evitar a mercantilización do entroido,aforrar e sobre todo pasalo ben.










viernes, 22 de diciembre de 2017

"O PORVISO DO PATÍN."

Contacontos a cargo da autora, directora e mestre da E.E.I Santa Marta de Santiago, contando "O Porviso do patín".
Un conto de Rocío Pérez Castro e ilustracións de Lidia Brea Pedreira.
Para que ninguen perda o seu sorriso.






martes, 5 de diciembre de 2017

OBRADOIRO DE GANCHO.

A avoa de Sira fainos unha demostración do que pódese facer ca agulla de gancho:polbos,medusas,osiños ou monecos de neve... son algunhas das súas creacións.




domingo, 15 de octubre de 2017

CHARLAS DE EVA E MANEL.

Charla a cargo da Doutora Eva García,pediatra do SERGAS, sobre alimentación e mocos e obradoiro de Manel cas nais e pais.