viernes, 26 de febrero de 2016

OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL

 O gabinete de  psicoloxía clínica e educativa B&B Barros y Blanco levou a cabo un obradoiro de estimulación multi-sensorial na escola.

A estimulación multi-sensorial permítenos traballar os sentidos, nun ambiente de estímulos controlado. Podendo realizarse con medios  sinxelos e en distintos espazos.Cantos máis sentidos estimulemos, mellores serán os resultados e os beneficios.O que nos permitirá desenvolver estados de relaxación ou de autocontrol;promover a exploración e as capacidades creativas; e aumentar a confianza, a atención e  a concentración.





















lunes, 22 de febrero de 2016

O TAMARILLO

Unha nova e descoñecida froita para nós:O Tamarillo ou árbore dos tomates, como se coñece en América do Sur.
De sabor doce sempre e cando non se coma a pel, xa que esta amarga.Podemos comelo cru, en ensaladas ou preparar unha salsa agridoce chamada Chutney.











viernes, 12 de febrero de 2016

FESTA DO ENTROIDO

Nin o vento, nin a choiva impediron que celebráramos o entroido.
Disfraces onde a orixinalidade e a creatividade imperaron,teatro de sombras,baile,merenda e a actuación de Kote Malabar puxo o broche final a esta festa de entroido.Non antes de repartir: un diploma acreditativo,unha medalla e un premio especial á familia máis votada entre todos os participantes.