jueves, 25 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO....

 O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, unha data dedicada á promoción da lectura.

Baixo o lema "LER DEIXA PEGADA", en colaboración coa profesora María Varela Frade e as súas alumnas e alumnos da asignatura de coro do I.E.S. Manuel García Barros, visitamos a Biblioteca Municipal da Estrada. Alí, os mestres María Teresa Filloy Chao e David Otero Fernández levaron a cabo unha sesión de contacontos. De volta na escola, recargamos forzas e continuamos coa lectura de contos, cancións e bailes preparados polos alumnos de coro do I.E.S. García Barros para os máis pequenos. A lectura dunha poesía de David Otero realizada expresamente para a escola, e a representación en teatro de sombras da canción "A la sombra de mi sombra", foron algunhas das iniciativas destinadas a fomentar a lectura e o amor polos libros.

"Ler deixa pegada" resalta a idea de que a lectura non só é unha actividade pasaxeira, senón que deixa unha impresión duradeira nas nosas vidas. Cada libro que lemos, cada historia que absorbemos, cada personaxe co que nos identificamos, todo iso deixa unha marca na nosa mente e no noso corazón.

 "...E así a cada libro...eu direille sempre,sempre:

QUERO LERTE...TERTE SEMPRE

QUERO AMARTE...NON DEIXARTE

E diche o libro...con afecto...sempre,sempre...

VÉN CONMIGO MIÑA AMIGA

SEMPRE AMIGA...LE COMIGO...

VÉN COMIGO MEU AMIGO

LE COMIGO...MEU AMIGO."

                                          (David Otero,escritor e mestre)

https://xornaldaestrada.com/2024/04/23/alumnos-do-garcia-barros-cantanlle-e-contanlle-contos-aos-rapaces-da-garderia/ 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2024/04/22/dia-do-libro-casa-das-letras-estrada/00031713813916729219236.htm 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2024/04/24/span-langgl-estrada-acollera-unha-feira-infantil-do-libro-segunda-manspan/0003_202404D24C4994.htm 

 































viernes, 19 de abril de 2024

A VACA...

 A vaca é un animal grande e herbívoro, dunha pel suave que pode ser de diferentes cores, como branco, negro ou marrón. Son animais moi importantes para nós porque nos dan leite e carne.