lunes, 29 de marzo de 2021

CHAYOTE...

 Chayote,pataca china ou pataca do aire.

É unha froita redonda con pequenas espiñas, semellante á castaña pero de maior tamaño cunha cor dun verde intenso.Dáse nunha enredadeira e a súa carne é compacta e de cor branca tirando a verde, e no medio ten unha pebida grande e branca. É comestible e a súa textura é semellante a da pataca podendo preparar cremas,purés,sopas,guisos,reencher,ferver,gratinar,etc.

 







 



miércoles, 24 de marzo de 2021

PLÁSTICO MÁXICO...

Con este plástico podemos debuxar ou  pintar, e ao quentalo encoller o seu tamaño e aumentar o seu grosor.Un material moi útil para facer un agasallo para conmemorar o 19 de marzo.

 











miércoles, 17 de marzo de 2021

XEOS DE CORES...

Elaboramos xeos de cor.Mesturando auga de diferentes cores para obter distintas gamas cromáticas .

Descubrindo o paso da materia de líquido a sólido e de sólido a líquido, sentindo os distintos cambios de temperatura.













lunes, 15 de marzo de 2021

VELUTINAS....

Coa chegada da primavera é época de colocar as novas trampas,cedidas polo papá de Laura,para capturar as raíñas da Vespa Velutina e intentar frear a proliferación de novos niños.