miércoles, 12 de agosto de 2026

ILLA DE SALVORA....

     Para celebrar o fin de curso tivemos a oportunidade de facer unha excursión á illa de Sálvora, situada na ría de Arousa e pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. 

    A viaxe comezou cun percorrido en barco ata a illa. Durante o traxecto puidemos contemplar o mar,a paisaxe da ría e experimentar a velocidade surcando a ría. Ao chegar a Sálvora, sorprendeunos a súa tranquilidade e a súa paisaxe practicamente natural e as súas praias.

     Durante a visita fixemos unha ruta pola illa e coñecemos parte da súa historia. Un dos lugares que máis nos chamou a atención foi a antiga aldea, que recorda a época na que a illa estaba habitada. Ademais, aprendemos algunhas historias e lendas relacionadas con Sálvora.

Feliz verán a toda/os.











miércoles, 5 de agosto de 2026

ACTIVIDADES E DESPEDIDA DE ALEJANDRA...

 Despedimonos con agarimo de Alejandra,que durante as súas prácticas formativas na escola demostrou unha gran implicación,responsabilidade e ganas de aprender.

Foi un pracer acompañarte neste tramo do teu camiño profesional, e agradecemos profundamente o teu compromiso, a túa actitude positiva e o bo ambiente que soubeches crear entre nós.

Desexámosche moito éxito en todo o que veña,tanto a nivel persoal como profesional.Estamos convencidas de que o futuro traerá moitas boas oportunidades para ti, e que saberás aproveitalas con intelixencia e ilusión.

Moitas grazas por compartir este tempo connosco.Ata sempre Alejandra.