viernes, 3 de julio de 2026

POMPAS DE XABÓN....

A través da observación, a experimentación e o movemento, os nenos e nenas descobren as propiedades das pompas, estimulando a súa curiosidade e favorecendo a aprendizaxe significativa.

No patio, durante o verán, as pompas invitan ao desprazamento, á coordinación óculo-manual, ao equilibrio e á motricidade global cando os nenos e nenas intentan seguilas, estoupalas ou observalas.

Ao mesmo tempo, nestes días de máis calor, as pompas de xabón convértense nun recurso moi agradable para refrescarse, xa que as pequenas pingas de auga e o movemento que xera a actividade proporcionan unha sensación de frescura, contribuíndo ao benestar e ao confort do alumnado mentres xoga.













viernes, 19 de junio de 2026

PAZ.....

 A celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz constitúe unha oportunidade para promover, valores fundamentais como o respecto, a convivencia, a empatía, a cooperación e a resolución pacífica dos conflitos.

A Praza da Farola acolleu unha celebración do Día da Paz na que participaron o coro do IES Manuel García Barros, alumnado do CEIP de O Foxo, nenos e nenas da Escola Infantil Elfos e usuarios de AGADEA. Durante o acto realizáronse actuacións musicais, bailes, unha performance en apoio ao pobo palestino e a lectura dun manifesto a cargo de Xosé Luna. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2026/06/10/siempre-buen-dia-paz/0003_202606D10C4998.htm 


















domingo, 14 de junio de 2026

AMARELO....

    A cor amarela destaca pola súa intensidade, luminosidade e capacidade para captar a atención visual dos máis pequenos, converténdose nun elemento especialmente axeitado para iniciar experiencias de discriminación e identificación de cores. A través do contacto con obxectos, imaxes e materiais amarelos, os nenos e nenas desenvolven a percepción visual, a capacidade de observación e a atención.

    Contribúe ao desenvolvemento da linguaxe, favorecendo a adquisición de novo vocabulario e a expresión oral mediante a identificación, denominación e descrición de obxectos e elementos presentes na súa vida cotiá. Elementos como o sol, os plátanos, os pitiños, determinadas flores ou xoguetes permiten establecer conexións significativas no aprendizaxe.Así mesmo, favorece a coordinación óculo-manual, a motricidade fina, a capacidade de clasificación e asociación, así como a autonomía persoal durante a manipulación dos materiais.