miércoles, 29 de noviembre de 2023

25N....Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

 Porque algunhas mulleres estamos indignadas polo sometemento,pola negación,pola humillación,o maltrato,...e por tantas crónicas de mortes anunciadas.






























viernes, 24 de noviembre de 2023

FROITOS SECOS....

 Noces,castañas,abelás...para  experimentar diferentes texturas, formas e tamaños, o que estimula o sentido do tacto, a curiosidade sensorial e fomenta a creatividade. Manipular os froitos secos implica movementos finos dos dedos e mans, o que contribúe ao desenvolvemento da motricidade fina e a coordinación man-ollo.Observar, tocar e manipular desenvolve habilidades cognitivas como a atención, a concentración e a exploración activa do seu entorno.

























miércoles, 22 de noviembre de 2023

20N -DÍA MUNDIAL DA INFANCIA....

  O Día Mundial da Infancia (20 de novembro) é un día que dedicamos a reflexionar sobre os dereitos de nenos, nenas e adolescentes, celebralos e imaxinar novas formas de facelos realidade no mundo.

Artigo 6:

 "Todo neno ten dereito intrínseco á vida e é obrigación do Estado garantir a supervivencia e o desenvolvemento do neno."


 Os dereitos dos nenos requiren unha protección especial e  para iso, é necesario seguir mellorando a situación dos nenos sen distinción e procurar que estes se desenvolvan e sexan educados en condicións de paz e seguridade.

Preocupados polos efectos perniciosos e xerais que teñen para os nenos os conflitos armados, e polas súas consecuencias a longo prazo para a paz, a seguridade e o desenvolvemento.

Condenando o feito de que nas situacións de conflito armado os nenos se convertan nun branco, así como os ataques directos e contra bens protexidos polo dereito internacional, incluídos os lugares onde adoita haber unha considerable presenza infantil, como escolas e hospitais
.(PROTOCOLO FACULTATIVO DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO RELATIVO A PARTICIPACIÓN DOS NENOS NOS CONFLICTOS ARMADOS
Asamblea General. Resolución A/RES/54/263 del 25 de mayo de 2000.Entrada en vigor: 12 de febrero de 2002.)