viernes, 30 de octubre de 2015

O MILLO....

O Millo tamén é orixinario de América,  e foi moi importante na alimentación e na cultura galega. O pan e a empanada facíase con fariña de millo (hoxe en día é un dos alimentos mais usados na enfermidade celíaca,pois non contén gluten ),e as leiras sementábanse de millo que despois gardábase nos hórreos.

Aparecendo a sua vez, expresións tales como "outra vaca no millo"
























viernes, 9 de octubre de 2015

A VENDIMA

 Outro ano máis chega a época da vendima.
Por vendima enténdese a recolección ou colleita das uvas. E a partir do pisado das mesmas, obtemos o mosto,un zume doce e saboroso para os padais máis esixentes.




















viernes, 2 de octubre de 2015

AS PATACAS II...

Unha vella lenda andina cóntanos que os homes cultivadores da Quinua, dominaron durante anos aos pobos das serras altas que, co fin de deixalos morrer lentamente, roubábanlles as súas colleitas até ir reducindo así a ración de alimentos indispensable para sobrevivir eles e os seus fillos. Ao bordo xa da morte, os pobres famentos clamaron ao ceo e este deixoulles caer unhas sementes redondas e carnosas as cales, despois de sementadas, convertéronse en fermosas matas tinguindo de ton morado as abruptas terras altas da cordilleira.

Os dominadores non se opuxeron a seméntala, coa idea de que unha vez a planta estivese en flor, recollésena eles deixando outra vez aos famentos recolledores ao bordo da fame negra xeral. Cando as plantas empezaron a amarelar os opresores segaron os campos e levaron o que parecía unha excelente colleita de verduras.

Desconsolados e moribundos de fame, os pobres e pacientes campesiños pediron de novo ao ceo que lles axudase e unha voz desde as alturas díxolles: Removede as terras e sacade os froitos, que alí os escondín para burlar aos homes malos e enaltecer aos bos. Así fixeron e baixo o chan aparentemente arrasado polo inimigo apareceron aquelas fermosas patacas que foron recollidas e gardadas en estrito segredo. Engadindo unha porción de patacas á súa empobrecida dieta, moi pronto se restableceron, colleron forzas e lograron botar aos invasores que fuxiron sen regresar xamais a perturbar a paz das montañas.
Historia da Pataca por D. Jorge Fernández Nogueira(Gastrónomo. Membro da Sociedade Gastronómica Fonseca)