viernes, 9 de enero de 2015

INSTRUMENTOS MUSICAIS


Obradoiro práctico  a cargo da mama e o tío de Valentina.
Diversos instrumentos pasaron pola aula.
 Algúns tan curiosos como o Didgeridoo : Instrumento de vento ancestral, utilizado polos aborixes de Australia.É un tubo de madeira, o cal se fai soar ao facer vibrar os beizos no interior.
O Djembe:é un instrumento de percusión africano.
Os Pau de choiva:É un tubo longo e oco recheo con sementes, en cuxo interior crávanse uns pauciños de madeira, formando unha espiral que se estende ao longo do tubo.Produce un son que asemella á choiva ou auga caendo.
E outros mais coñecidos como o teclado, a gaita ou a guitarra.

Moitas grazas por ensinarnos como son e tamén como soan.


pau de choiva


Didgeridoo



Djembe












jueves, 8 de enero de 2015

MERRY CHRISTMAS

Pois iso, Feliz Navidad desde a clase de Ingles.




COAS MANS NA COCIÑA...


Obradoiro de cociña:Galletas do Nadal e Panellets, a cargo das mamas de Eire, Daniel e Antía.
Receita:

GALLETAS DE NADAL:

-400g. de Fariña,
300 g. de manteiga.
-140 g. de azucre.
-1 xema de ovo.

Mestúrase todo nun cunco;estírase a masa e dáselle forma.Meter no forno a 200º uns doce minutos.Decorar despois ao gusto.

RECEITA PANELLETS:

-250gr azucre
-500gr de améndoa en po
-2 ovos

-Quentamos o forno a 200º*C.
-Nun cunco mesturamos as améndoas co azucre.
-Imos agregamos os ovos, mesturando ben.
-Amasamos até obter unha bóla de mazapán e podémola rebozar con améndoa  ou piñóns.






lunes, 5 de enero de 2015

NOITE DE REIS....

Os Reis Meigos e o dilema de mentir ou non aos fillos.
Noite de tradición e fantasia, pero tamén de consumismo.A veces o mellor agasallo é:






BADALADAS DE FIN DE ANO..

Con doce badaladas,concerto e festa, despedimos o ano 2014 e damos a benvida ao ano 2015.
Feliz ano novo para todas e todos.













ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Parabens,Candela, no teu aniversario.


jueves, 1 de enero de 2015

IMOS AO TEATRO...

Imos ao teatro a ver CU-CÚ TAS-TÁS de Títeres Cachirulo
A nova montaxe de Cachirulo é un espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa.
 Cu-cú Tas-tás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo con baleiro, arriba con abaixo, preto con lonxe, nin pequeno con grande... A súa familia e amigos vano axudar nesta aprendizaxe.