viernes, 26 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro.Este ano conmemorase o 184 aniversario do seu nacemento.

Dende a escola adherímonos a iniciativa organizada polo Fundación Rosalía de Castro:  O “Caldo de Gloria”, inspirado no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde.

Caldo que compartimos  en "streaming" coa escola pública infantil El Pilar da comunidade de Madrid acompañado da lectura da poesía "Vente,rapasa".

Asemade a empresa de catering Culinaria incluíu no menú do día como primeiro prato Caldo de Gloria para todas/ os nenas/os e para compartir.

 

                                                                           vídeo

                                                                                 

Manteis individuais enviados pola Fundación Rosalía de Castro






















lunes, 22 de febrero de 2021

XOANIÑAS...

 Este ano disfrazámonos de "xardín de xoaniñas".Elaboramos os disfraces e celebrámolo na escola. Con sobremesas típicas do entroido:as filloas e orellas.