lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 5...


Actividades 0-2 anos:
Comezamos a semana con un pouco de cor e música.
Estas dúas actividades pódena realizar todos os nenos/as da aula
Imos empregar algodón, pinzas da roupa, pinturas de dedos, unha superficie para pintar (cartón ou papel) e varios recipientes. En cada recipiente botamos a pintura  de diferentes cores (roxa, amarela e azul) e introducimos o algodón coa pinza da roupa.
Deixamos que os nenos a collan de unha en unha e pinten a superficie.
A medida que os van collendo nomeamos a cor e por iso especificamos as cores da pintura con anterioridade. 


Para realizar a actividade empregaremos a audición da Primavera de Antonio Vivaldi. 


Con esta actividade principalmente fomentamos a creatividade,a atención, o desenvolvemento da motricidade, a discriminación e memorización das diferentes cores e o gusto polas audicións da música clásica. 

viernes, 27 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 4...

Coa actividade de hoxe vamos a bailar un pouquiño. Vamos escoitar a música de "Portsmouth" e a mover as distintas partes do corpo ao ritmo da música.


jueves, 26 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 3...

Actividade 0-1 ano
 
A cesta da araña:
Para esta actividade empregamos unha cesta, la ou trapos e obxectos cotiás varios. Collemos a cesta da roupa ou caixa e pasamos a la ou os trapos por varios lados ata conseguir que se crucen entre si. Introducimos obxectos variados para que o neno/a manipule, preferiblemente de madeira, metal e obxectos da natureza.
Nesta actividade os nenos desenvolverán a súa motricidade, atención e control postural.


Actividade 1-2 anos

Transvases con legumes :

Esta actividade ten como obxectivo estimular nos nenos a súa concentración, atención e coordinación motriz.
En varios recipientes repartimos fabas, lentellas, arroz ou outro tipo de legumes que atopemos pola casa. Empregaremos tamén una botella de agua baleira e algún recipiente baleiro. E por último una culler sopeira
Comezaremos a actividade facendo trasfegases con culler, colocaremos arroz ou lentellas e o recipiente baleiro noutro sitio e ca axuda da culler, eles iran transportando dun recipiente ao outro as legumes.
Unha vez rematada o anterior, faremos o mesmo pero esta vez será a unha botella baleira e coa man, para exercitar a pinza e a motricidade fina. Para esta segunda parte da actividade é preferible empregar as fabas ou as legumes máis grandes.






miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 2...

Actividades 2-3 anos:


Dado que o comezo da primavera nos pillou en corentena, hoxe propóñovos realizar unhas manualidades sinxelas con material de refugallo que teñamos pola casa.  Vamos empregar rolos de papel hixiénico para facer flores e bolboretas.
Para facer as bolboretas pintamos o rolo de papel con pintura se dedos, cera ou rotuladores. Despois nun folio ou cartolina vamos recortar a forma das ás que logo pintaremos e decoraremos como máis nos guste. Por ultimo pegamos o rolo na cartolina e colocámoslle unhas antenas. Xa teríamos a nosa bolboreta!!



Para facer as flores pintamos outro tubo de cartón que despois recortaremos en anacos máis pequenos que serán os pétalos. Pegamos todos os pétalos e poñemos unha bola pequena de papel no centro. Para rematar poñémoslle unha palla e xa estaría.




martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 1....


Actividade 0-1 ano

A actividade que levaremos a cabo hoxe será para axudar a desenrolar a prensión, a motricidade e o control postural.
Na bandexa da trona ou nunha superficie na que podamos sentar preto o neno/a pegaremos obxectos cotiás e se é posible algunha flor ou folla . O pegaremos con celo ou calquera cinta adhesiva que teñamos.
Coa supervisión do adulto pero sen intervir observaremos como os pequenos conseguen quitar os obxectos e experimentan a súa textura, olor, etc.
Nesta actividade o adulto observa e quita se é necesario os obxectos para que non os introduza na boca no caso das flores ou follas (non deixar nunca as crianzas sin vixilancia). Se é posible estimulados o olfacto con estes elementos e lles nomeamos o que é.
Os obxectos cotiás poden ser unha culler, caixa de madeira, tubo de papel hixiénico, etc. Non pegar xoguetes deles. 


Actividade 1-2 anos

Damos a benvida a primavera
Imos realizar cos nenos/as unha actividade de experimentación e de carácter vivencial na cal vexan xerminar unha semente na casa. Para isto necesitamos un recipiente de cristal ou plástico pequeno como pode ser un bote de cristal, vaso de iogur, etc.
Nel introduciremos un anaco de algodón e posteriormente unhas 3 ou 4 fabas, sementes ou lentellas depende do que teñamos na casa. Unha cousa en cada bote. Por enriba das sementes engadimos un pouco mais  algodón e con un spray con auga o mollamos.
Cada día iremos con eles a ver o que sucede e describiremos os cambios que se producen.
Falaremos da primavera, se é posible e vivimos nunha casa sairemos a observar os cambios nas plantas, arbores, etc. Se isto non é posible (por mor da corentena) o veremos dende a xanela.












lunes, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA....


Estas son algunhas recomendacións para lograr un boa convivencia familiar durante estos días que temos que estar na casa:

-  Para lograr un ambiente de tranquilidade, no que os máis pequenos poidan asimilar da mellor maneira estes cambios que se están a producir e preciso manter horarios e rutinas habituais de descanso, comida, aseo e tempos de xogo.
-  Coas presas do día a día acabamos facendo cousas por eles, que sen lugar a dúbida, poderían realizar eles sos. Pór iso, é un bo momento para traballar a autonomía á hora de vestirse, de asearse ou de realizar algunha que outra tarefa do fogar, fortalecendo así a seguridade en si mesmos e estimulando a capacidade de colaboración.
- Debemos reflexionar tamén sobre a necesidade de manter ós nenos e nenas ocupados todo o tempo. Nos como educadoras vamos a mostrarvos unha serie de actividades que podedes levar a cabo cos vosos fillos/as na casa durante estes días; pero tamén é preciso que os nenos e nenas teñan eses tempos de "aburrimento" nos que poidan desenvolver a súa imaxinación e creatividades.

Actividades:
Aula 2-3 anos:
- Realizamos unha colaxe.
Con xornais ou revistas que teñamos pola casa recortamos e pegamos imaxes sobre unha folla para crear a nosa obra de arte. Pode ser dunha paisaxe, un personaxe... Tamén podemos empregar  materiais de refugallo ( cartón, pallas, botóns...)

- Xogamos con sombras.
Recortamos siluetas de cartolina con distintas formas e pegámoslle un pau. Apagamos a luz e cunha lanterna xogamos a reflectir as sombras.