miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ...

 Na procura de promover valores fundamentais desde a máis tenra infancia, celebramos o Día da Paz cunha actividade especial que transcende as barreiras xeracionais;imos de visita ao centro de Agadea Alzheimer en A Estrada. 

A creatividade,a colaboración e a sabedoría daqueles maiores que dependen de nós. A través de cores vibrantes, sorrisos inocentes e momentos compartidos, exploramos unha experiencia que non só celebra a paz, senón que a constrúe desde os seus cimentos máis simples. Un viaxe onde a expresión artística e a conexión interpersoal entrelázanse, formando recordos que perdurarán no corazón dos máis novos e de quen percorreron máis camiños. 

Porque : "Non hai camiño para a paz;a paz é o camiño"

























lunes, 29 de enero de 2024

AMARELO...

Unha experiencia educativa e divertida, mergullándonos nun mundo de descubrimento a través da cor amarela.

Unhas actividades que estimulan os sentidos e fomentan o desenvolvemento cognitivo e motor dos nenos.






















 

viernes, 26 de enero de 2024

KEITH HARING...

 Foi o máis importante grafiteiro dos anos 80.Foi un artista urbano, transgresor e único. A súa primeira fonte de inspiración foi a propia televisión, especialmente os programas para nenos con debuxos animados.As súas primeiras obras naceron dun rotulador e tiveron lugar sobre os anuncios do metro de Nova York. Pronto adoptou o xiz branco como instrumento e nesta época, limitábase aos debuxos simples de motivos extraterrestres, persoas e cans. Máis tarde engadiu: bebés, halos, televisións, pirámides, enerxía nuclear, etc.