viernes, 31 de marzo de 2023

ALIMENTACIÓN SAUDABLE....

 Unha charla sobre alimentación saudable na infancia. Impartida pola pediatra Eva García ,do centro de saúde de A Estrada.

 Alimentarse ademais dunha necesidade, é un pracer que precisa adaptarse aos nosos gustos e características, como o nivel e tipo de actividade que desenvolvemos, a nosa idade, peso e talla, os nosos horarios impostos polo ritmo de vida que levamos, etc.
 
1- Come variado e adapta os alimentos aos teus gustos e á actividade que realices. 
2-Ten sempre en conta o tamaño das racións, xa que é outra das claves da alimentación. 
3-Reduce o consumo de alimentos ricos en graxas saturadas, sal e azucres engadidos. 
4- Realiza unha repartición adecuada dos alimentos ao longo do día, evitando, por exemplo, xaxúns prolongados ou ceas moi abundantes.
5- A mellor bebida para quitar a sede, é a auga.
 
As decisións que tomamos á hora de alimentarnos baséanse nos nosos coñecementos, as nosas emocións e as nosas habilidades e todo iso, está moi influído pola contorna na que vivimos. Existen unha enorme variedade de patróns de alimentación ao longo do mundo.
 





 
 

 

miércoles, 29 de marzo de 2023

TRISTEZA...

 Traballando as emocións:

-A tristeza:Estado de ánimo que se caracteriza polas ganas de chorar. É parte do proceso natural do neno sendo unha experiencia común na infancia.Recoñecer a tristeza pode facer máis fácil abordar problemas emocionais máis serios.







 

lunes, 27 de marzo de 2023

COMPARTIR...

 Adiantándose a Pascua,Marco Lesta comparte uns ovos de xenuíno chocolate suízo, recente chegado do País Alpino.