jueves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADES CORENTENA 8.....


Actividades para introducir a Pascua aula 0-2

Para esta actividade empregaremos un rolo de papel, pintura de dedos branca e material que teñamos pola casa para decorar.
Faremos a nosa galiña de Pascua e mentres eles pintan o rolo de papel iremos falando sobre que as galiñas poñen ovos e que para a semana celébrase a Pascua. 


Unha vez teñamos lista a galiña escondemos pola casa os ovos e imos axudar a galiña a atopar os seus ovos perdidos.
Para animar os cativos podemos poñer a canción de "A galiña turuleca“ 



Os nenos/as mais pequenos e que non se desprazan por si mesmos poderán pintar o rolo coa axuda do adulto e cando estea rematada a empregaremos para traballar con eles a permanencia do obxecto. Escondemos a galiña debaixo dunha tea ou nunha caixa e deixamos que eles a atopen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario