jueves, 31 de julio de 2025

VERÁN E AUGA...

O verán é unha estación ideal para realizar actividades ao aire libre que permitan aos nenos e nenas gozar do bo tempo e experimentar con distintos elementos naturais, especialmente a auga. Esta actividade combina a exploración sensorial, o xogo libre, o movemento, e o descubrimento do contorno, favorecendo o desenvolvemento  dos cativos.

A Festa da Auga e outras dinámicas relacionadas co verán promoven experiencias significativas que estimulan os sentidos, favorecen o desenvolvemento motor e fortalecen a socialización, ao tempo que axudan a interiorizar hábitos de hixiene e autocuidado, tan necesarios nesta etapa do desenvolvemento.


 








miércoles, 16 de julio de 2025

PATIO...

 O xogo libre no patio é fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas. A través del, favorecen o desenvolvemento motor, emocional, social e sensorial nun entorno estimulante e natural.

No exterior, os nenos exploran con liberdade, movéndose segundo as súas necesidades e intereses, o que potencia a súa autonomía e autoestima. Tamén se relacionan cos iguais, aprenden a tomar decisións e conectan co medio natural, o que mellora o seu benestar físico e emocional.

O patio convértese así nun espazo educativo imprescindible que respecta o ritmo individual de cada neno e ofrece aprendizaxes significativos fóra do contexto da aula.









 

viernes, 11 de julio de 2025

INSTALACIÓN E MINIMUNDO:VERÁN....

 As instalacións sensoriais ofrecen experiencias inmersivas que favorecen a libre exploración, a creatividade e o desenvolvemento global. A través desta instalación sobre o verán, propoñemos un espazo coidadosamente preparado que estimule os sentidos, convide á experimentación e potencie o xogo simbólico e artístico en contacto con materiais propios da estación estival.

 O mini-mundo do verán permite explorar o contorno estival mediante o xogo simbólico, a estimulación sensorial e a observación. Este mini-mundo está deseñado para achegarlles os elementos típicos do verán (area, auga, cunchas, sol, etc.) e favorecer o seu desenvolvemento cognitivo, motriz, social e emocional nun contorno seguro e estimulante.








viernes, 4 de julio de 2025

AULA DE LUZ...

 O uso da luz, sombras, cores e reflexos permite fomentar a atención, a curiosidade, a coordinación óculo-manual, a percepción visual, a creatividade e a expresión emocional. Ademais, trátase dunha ferramenta inclusiva, accesible e altamente motivadora, que permite a participación activa de todos os nenos e nenas.