O Día de Rosalía celébrase ó 23 de febreiro, en homenaxe a Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega.
O Caldo de Gloria é unha iniciativa da Fundación Rosalía de Castro inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”, incluído en Follas novas, de Rosalía de Castro. No poema, a autora relata como preparar un caldo humilde mentres narra a épica cotiá da supervivencia.
O caldo de Rosalía: a épica da xente humilde
Co gallo do Día de Rosalía, quérese lembrar este poema no que unha muller pobre conta un episodio da súa loita diaria por saír adiante. Chega a Padrón desde Santiago, mollada e esfameada. Non ten case nada; os seus veciños, avaros, néganselle a compartir o pouco que lles sobra.
E, con todo, logra o milagre: prepara un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. Nese xesto sinxelo, ao abeiro da lareira do seu fogar, condénsase unha vitoria sobre a adversidade. A súa historia convértese así nunha lección universal: con moi pouco, o ser humano é capaz non só de resistir, senón tamén de atopar dignidade e felicidade.

























































