lunes, 28 de diciembre de 2015

COUSAS DE NADAL

Algunhas cousas feitas no Nadal:
Árbores para decorar a aula,centros de mesa,galletas de xenxibre e torta de laranxa realizada pola mama de Sara.
Receita da Torta de Laranxa:
-7 culleres de azucre.
-7 de fariña.
-7 de aceite de xirasol.
- raspadura de limón.
-3 ovos.
-1sobre e medio de fermento.
 -zume de 6 laranxas.
-2 culleres de maizena.
-chocolate.
Bátense os ovos,a fariña,o limón,o azucre e o aceite.Úntase o molde con manteiga e fariña, e métese no forno quente a 150º durante15 ou 20 minutos.
Ao zume das laranxas engádense a maizena, e cócese até facer unha crema.Desmoldase a torta, engádese a crema e ráspase un pouco de chocolate por riba.


























viernes, 18 de diciembre de 2015

BAUDOLINO....

Despois dun curso con TADEGa, e do obradoiro "Monta o teu Robot de Aula.Montaxe e posta en marcha do Escornabot como ferramenta metodolóxica". Aparece no cole unha nova mascota robótica, e a falta de un nome mellor queda bautizada como Baudolino (xa que creara todo o que imaxinemos).















miércoles, 16 de diciembre de 2015

EXPLORANDO MATERIAIS..


Camiñamos entre diversas texturas,pintamos,facemos garabatos e descubrimos as distintas utilidades dun morteiro.












domingo, 6 de diciembre de 2015

BAIXO A CHUVIA...

Roupa de abrigo,botas de auga,un paraugas e auga.
Xogando baixo a chuvia,chapoteando nos charcos (psicomotricidade en estado puro),diversión e experimentación.