viernes, 6 de diciembre de 2024

CIRCULO...

 O círculo é unha das formas máis básicas e fáciles de identificar, o que o converte nun punto de partida ideal para a introdución das formas xeométricas. Durante os primeiros anos, as e os nenos están a desenvolver as súas habilidades cognitivas, motoras e de recoñecemento visual, e traballar coa forma do círculo axúdalles a:

  1. Desenvolver habilidades perceptivas: Recoñecer formas é esencial para comprender conceptos espaciais e mellorar a observación.
  2. Estimular a coordinación motriz: Debuxar, manipular ou xogar con obxectos circulares favorece a coordinación ollo-man.
  3. Introducir conceptos matemáticos básicos: As actividades con círculos poden vincularse a nocións iniciais de tamaño, patróns e clasificacións.
  4. Fomentar a exploración e o xogo: Os círculos son formas comúns no entorno (pelotas, rodas, pratos) que permiten conectar a aprendizaxe co mundo cotián.
  5. Apoiar o desenvolvemento emocional e social: As actividades grupais con círculos promoven o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa. 




































miércoles, 4 de diciembre de 2024

MIRÓ E PICASSO...

 A introdución da arte as nenas/os ten múltiples beneficios que van máis aló do gozo visual. Estas obras de Miró e Picasso son ideais por:

  1. Estimulación sensorial:

    • Oro Azul de Miró, cos seus cores intensos e formas abstractas, estimula a percepción visual dos nenos, fomentando a súa curiosidade e o recoñecemento de formas e contrastes.
    • Cabeza de Muller con Sombrero de Picasso, co uso de liñas, formas xeométricas e cores rechamantes, esperta o interese e contribúe ao desenvolvemento do procesamento visual.
  2. Promoción da expresión emocional:

    •  Estas obras permite conectar intuitivamente coa arte e expresar as súas emocións.
  3. Fomento da creatividade:

    • A abstracción de Miró e o cubismo de Picasso invita a imaxinar libremente, sen necesidade de seguir patróns ou normas concretas.
  4. Desenvolvemento cognitivo:

    • Estas obras fomentan a atención, a observación e a diferenciación de cores e formas.

Obxectivos:

  1. Desenvolver habilidades de percepción visual:

    • Identificar cores primarios e secundarios presentes en ambas obras.
    • Recoñecer formas básicas (círculos, liñas, triángulos, etc.) dentro das composicións.
  2. Estimular a capacidade de atención e observación:

    • Invitar a observar detidamente as obras e identificar elementos específicos.
  3. Promover a sensibilidade artística e emocional:

    • Despertar nos cativos unha conexión emocional cos cores e as formas das obras.
  4. Fomentar a expresión creativa:

    • Debuxar e pintar inspirándose nas obras, experimentando con cores e formas de xeito libre.
  5. Introducir conceptos básicos da arte:

    • Presentar  a idea de "arte abstracta" (Miró) e "cubismo" (Picasso).