domingo, 14 de junio de 2026

AMARELO....

    A cor amarela destaca pola súa intensidade, luminosidade e capacidade para captar a atención visual dos máis pequenos, converténdose nun elemento especialmente axeitado para iniciar experiencias de discriminación e identificación de cores. A través do contacto con obxectos, imaxes e materiais amarelos, os nenos e nenas desenvolven a percepción visual, a capacidade de observación e a atención.

    Contribúe ao desenvolvemento da linguaxe, favorecendo a adquisición de novo vocabulario e a expresión oral mediante a identificación, denominación e descrición de obxectos e elementos presentes na súa vida cotiá. Elementos como o sol, os plátanos, os pitiños, determinadas flores ou xoguetes permiten establecer conexións significativas no aprendizaxe.Así mesmo, favorece a coordinación óculo-manual, a motricidade fina, a capacidade de clasificación e asociación, así como a autonomía persoal durante a manipulación dos materiais.




















viernes, 29 de mayo de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

     O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio para festexar a lingua galega e as persoas que escribiron e traballaron polo galego. Cada ano dedícase a unha persoa diferente.

    Este ano a homenaxe é para Begoña Caamaño, escritora e xornalista galega que amaba os libros, as historias e a nosa lingua.A través dela achegámonos ao mundo dos contos, da creatividade e do amor pola nosa lingua e cultura

.








viernes, 22 de mayo de 2026

MARCELLE....

Visitamos Marcelle Natureza, o que nos permitiu descubrir o medio natural a través da observación directa, da experimentación e da convivencia coas familias.

Durante a visita, tivemos a oportunidade de observar diferentes animais, descubrir as súas características e explorar espazos naturais nun ambiente lúdico e enriquecedor.