viernes, 28 de mayo de 2021

PROXECTO CORAZÓN...

  PROXECTO CORAZÓN é  unha proposta en colaboración entre a  ASOCIACIÓN GALLEGA DE CARDIOPATÍAS CONGÉNITAS Y CARDIOPATÍAS FAMILIARES e as escolas infantís O CEO AZUL de Bueu e O PARQUE de Portosón.

A idea  xorde da celebración do Día Mundial das Cardiopatías Conxénitas o 14 de febreiro, unha data que soemos adicar a celebrar o amor e que se pode estender máis ao coñecemento do noso propio corazón e a unha primeira aproximación ás RCP. Queríamos que o alumnado tivese un coñecemento básico das enfermidades de corazón e introducilos na súa concienciación.

A reanimación cardiopulmonar (RCP) é unha técnica  que se usa para salvar vidas en situacións de emerxencia cando unha persoa deixa de respirar ou o seu corazón deixa de latexar.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario