viernes, 28 de noviembre de 2025

A COR VERMELLA...

     A cor vermella é unha das primeiras en ser recoñecidas pola infancia debido ao seu forte impacto visual, o que favorece a atención, a motivación e o interese dos/as nenos/as durante a aprendizaxe. Permite traballar a educación sensorial, a discriminación de cores e os hábitos de alimentación saudable.

    A partir do coñecemento de alimentos vermellos (mazás, amorodos, tomates, cereixas, sandía, etc.), foméntase o recoñecemento de diferentes produtos naturais e a adquisición de vocabulario relacionado coa alimentación, contribuíndo así ao desenvolvemento lingüístico. Ao mesmo tempo, poténciase unha relación positiva coa comida saudable, reforzando a importancia de consumir froitas e verduras na vida cotiá.

    Estas actividades permiten traballar aspectos cognitivos como a clasificación, a observación, o recoñecemento visual, e a asociación por características comúns, favorecendo o pensamento lóxico.  Contribuindo ao desenvolvemento da coordinación motriz, creatividade e expresión emocional.




















miércoles, 26 de noviembre de 2025

VERMELLO....

A instalación do “cor vermella” responde á necesidade de crear un espazo simbólico e visual asociado ao coidado, o afecto e a seguridade emocional, axudando a:

  • Identificar e expresar emocións.

  • Fortalecer a autoestima.

  • Establecer vínculos positivos.

  • Interiorizar rutinas de benestar.

  • Desenvolver as primeiras habilidades de empatía e convivencia pacífica.

A cor vermella constitúese como un elemento pedagóxico que permite introducir actividades relacionadas co contacto emocional.Favorece o aprendizaxe significativo.A súa presenza no centro contribúe a crear un clima positivo, reducindo situacións de estrés e inseguridade e potenciando a autonomía emocional.













viernes, 21 de noviembre de 2025

DÍA DA INFANCIA...

     O Día da Infancia é unha data dedicada a recoñecer a importancia dos dereitos dos nenos e das nenas, así como a promover o seu benestar, participación e desenvolvemento. A atención á primeira infancia é fundamental, xa que é unha etapa clave na formación das bases emocionais, sociais, cognitivas e motoras. A través desta celebración, a escola infantil Elfos pretende crear un espazo de xogo, expresión e afecto onde se visibilice o valor da infancia e o papel que desempeñan as familias, a escola e a comunidad.

    A celebración do Día da Infancia encaixa dentro do marco dos Dereitos da Convención sobre os Dereitos do Neno, os cales inclúen o dereito ao xogo, á protección, á saúde, á educación e á participación. 























miércoles, 19 de noviembre de 2025

SAN MARTIÑO....

A festa do San Martiño forma parte das tradicións galegas relacionadas coa chegada do outono, a gastronomía e a vida no rural. Antigamente, esta época marcaba o momento de “facer o porco”, unha práctica esencial para a supervivencia das familias.